O obxectivo deste ciclo é coñecer aos candidatos a Alcaldía, os seus programas de actuación para Ferrol e en especial para Canido, achegando á veciñanza información valiosa sobre as políticas públicas locais. As decisións sobre o deseño dos espazos, equipamentos e servizos públicos afectan o noso día a día!
SESIÓN INAUGURAL: EX-ALCALDES
(NON ALCALDABLES)
Reflexión dende a experiencia, grazas á participación de 4 ex-Alcaldes que non son elixibles en Maio de 2023: • Que se atopou ao chegar? • De que se sente máis orgullosos e máis arrepentido do seu mandato? • Que proxectos doutros mandatos eloxiaría? • Cal foi a polémica máis rechamante no seu mandato? • Como mudou Ferrol dende o seu mandato ate hoxe? Retos de futuro.
SESIÓNS INDIVIDUAIS COS CANDIDATOS ALCALDABLES
Nestes encontros, repetiremos o mesmo esquema de preguntas, con candidatos á Alcaldía que xa formaron parte da corporación local, tanto dentro do goberno como da oposición: • E ti, de quen vés sendo? Biografía da persoa candidata. • Dime con quen andas… Equipo de candidatura, sinerxías e colaboracións. • Éche o que hai! Resumo das propostas realizadas durante este mandato, vinculadas a Canido. • Que hai do meu? Principais liñas estratéxicas para Ferrol e en especial, plan de acción para Canido 2023/2027
Tamén podes escoitar as gravacións en formato podcasts nesta web. Accede picando Aquí
TODAS AS PREGUNTAS DO PÚBLICO CON RESPOSTA
Ao finalizar cada sesión, os participantes poderán responder as preguntas formuladas polo público, recollidas previamente en tarxetas durante a celebración da charla. Aquelas cuestións que queden sen resolver durante o encontro serán consultadas aos seus destinatarios, co obxecto de ser publicadas nesta mesma web.
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookiesACEPTAR