O vindeiro venres 24 José Manuel Rey Varela será entrevistado por Marta Corral

Este venres 24 ás 19:00 continua o ciclo de cultura democrática impulsado pola Asociación Veciñal de Canido en colaboración coa Asoc. Muíño do Vento e Radio Filispim.
Nesta ocasión será o turno do candidato do Partido Popular, José Manuel Rey, quen conversará coa xornalista Marta Corral.
As preguntas, como cada venres, serán realizadas tanto pola xornalista colaboradora, como polo público asistente.
Publicado en Novas e Análise, Uncategorized.

Deja una respuesta