Alcaldables
Con representación actual no Concello
-
ÁNGEL MATO
-
JOSÉ MANUEL REY
-
IVÁN RIVAS
-
JORGE SUAREZ
ÁNGEL MATO
Ferrol, 1971. Químico
Químico especializado en Enxeñería Química, así como en prevención de riscos laborais e emerxencias, en xestión de calidade e en medio ambiente. Director de calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais de Conservas La Jira entre 1996 e 1999. Dende 1999, xefe de seguridade e prevención de riscos laborais de Bioetanol Galicia.
Concelleiro de Urbanismo no mandato 2007-2011 e senador durante a XII Lexislatura (2016-2019). Alcalde de Ferrol dende o 2019.
JOSE MANUEL REY
Ferrol 1975. Avogado
No ano 2002 ingresou na corporación municipal de Ferrol converténdose no concelleiro máis novo da corporación daquela etapa. Posteriormente, sería nomeado concelleiro de Facenda, Patrimonio, Emprego e Xuventude durante o mandato popular 2003-2007. Foi deputado provincial na Coruña entre 2007 e 2011, e alcalde de Ferrol de xuño de 2011 a 2015.
En outubro de 2015 foi nomeado conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia ata setembro de 2018.
Pontenova, 1976. Arquitecto
Estableceu en 2006 o seu propio estudio de arquitectura, Oxixeno Arquitectura.
Nas eleccións municipais de 2011 presentouse nas listas do BNG ao concello de Ferrol como número tres sen saír elixido concelleiro, mais tras a marcha de Xoán Xosé Pita, en novembro de 2011, entrou na corporación municipal asumindo a vogalía do grupo municipal en xaneiro de 2012.
Foi o candidato á alcaldía de Ferrol polo BNG nas eleccións municipais de 2015 e mais de 2019, formando parte da corporación local dende 2011
Vigo, 1975. Avogado
Foi coordinador da área de Traballo, Economía e Social de Esquerda Unida en Ferrol, funcionario xudicial en varias cidades de España ata que foi destinado ao Ministerio de Xustiza adscrito á Fiscalía de Menores da Coruña e delegado sindical de CCOO.
Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura de Ferrol en Común e foi elixido alcalde co apoio de PSdeG-PSOE e BNG. Actualmente forma parte da corporación local dende Ferrol en Común.
A PLAY LIST DO CANDIDATO